SERVIZOS XERAIS
Concello de Boqueixón
Persoal:
Secretario – Interventor: Dalmiro Nuñez Mendez
Administrativa de secretaría: Adela Lamela
Administrativo de intervención: Anselmo Caeiro
Rexistro xeral: Lourdes García
Horario de atención:
Oficinas: Luns a venres
8:00 a 15:00 h.
Rexistro: : Luns a venres
8:00 a 15:00 h.
Contactar: 981 513061
A Secretaría Xeral desenvolve as seguintes funcións:
- A función de fe pública respecto das sesións e actos dos órganos do Concello
- O asesoramento legal preceptivo
- A coordinación das tarefas burocráticas que desenvolven os distintos servizos municipais nos aspectos xurídico-administrativos
Intervención e Tesourería encárganse da fiscalización económica, orzamentaria e financeira, o desenvolvemento da contabilidade municipal referida ao orzamento municipal, o control da recadación municipal, o manexo e custodia de fondos e avais e control e realización de todo tipo de pagos, así como a atención a provedores.
Dependen ademáis deste servizo:
- Padrón de habitantes
- Impostos municipais (colaboración coa Deputación)
- Contratación
- Rexistro Xeral