SERVIZOS SOCIAIS
Concello de Boqueixón
Persoal:
Traballadora social: Ana Anta
Educadora familiar: María Pereira
Auxiliar administrativa: Teresa Castro
Horario de atención:
Traballadora social e Educadora familiar:
luns, mércores e venres con cita previa, de 8:00 a 15:00 h.
Outras consultas de carácter administrativo:
de luns a venres de 8:00 a 15:00 h.
Contactar:
981 513106
Obxecto:
Servizo de carácter local, aberto e polivalente que promove o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas e familias e de incorporación social e laboral.
Programas e servizos básicos:
- Programa de valoración, orientación e información
- Servizo de axuda no fogar (dependencia e libre concorrencia)
- Servizo de educación e apoio familiar
- Programa básico de inserción social
- Programa de fomento da cooperación e solidariedade social
Programas específicos de carácter municipal:
- CoidarNos: Programa de apoio a persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia
- Programa de prevención da dependencia
- Programa de apoio educativo
Cargando, sexa paciente...