O PLENO
Concello de Boqueixón
Corporación
Funcionamento
Competencias
Corporación
Partido Popular de Galicia
- Ovidio Rodeiro Tato
- Gonzalo Redondo Rendo
- Manuel Fernández Munín
- Ángela Conde Leis
- Sonia Suárez Casal
- José Manuel Iglesias Gómez
- Diego Esturao Rosende
- José Luis Mareque Simón
Agrupación Veciños de Boqueixón
- Iván Eirís Castro
- Ángela Santasmarinas Lorenzo
- Marta da Silva Torres
Funcionamento
As sesións plenarias terán lugar os segundos mércores dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro ás 20.30 horas.
No caso de coincidir en día festivo, a sesión plenaria ordinaria terá lugar o mércores hábil seguinte do mesmo mes ás 20.30 horas.
Competencias
O Pleno formado polo Alcalde e os Concelleiros, é o órgano de máxima representación política dos cidadáns no Goberno Municipal. Entre as súas funcións atópanse:
- O control e a fiscalización dos órganos de goberno. Os acordos relativos á participación en organizacións supramunicipais; alteración do termo municipal; creación de órganos desconcentrados; alteración da capitalidade do municipio e o cambio de nome deste ou daquelas entidades e a adopción ou modificación da súa bandeira, insignia ou escudo.
- A aprobación inicial do plan xeral e a aprobación que poña fin á tramitación municipal dos plans e demais instrumentos de ordenación previstos na lexislación urbanística, así como os convenios que teñan por obxecto a alteración de calquera dos devanditos instrumentos.
- A aprobación do regulamento orgánico e das ordenanzas.
- A determinación dos recursos propios de carácter tributario; a aprobación e modificación dos orzamentos, e a disposición de gastos en materia da súa competencia e a aprobación das contas; todo iso de acordo co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais.
- A aprobación das formas de xestión dos servizos e dos expedientes de municipalización.
- A aceptación da delegación de competencias feita por outras Administracións públicas.
- A formulación de conflitos de competencias a outras entidades locais e demais Administracións públicas.
- A aprobación do persoal de persoal e da relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias fixas e periódicas dos funcionarios e o número e réxime do persoal eventual.
- O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación en materias de competencia plenaria.