INFORMACIÓN PEREGRINOS
Concello de Boqueixón
Vía da Prata e camiño de inverno
HISTORIA
Camiño da Vía da Prata é unha prolongación da calzada romana que unía Emérita Augusta (Mérida) con Astúrica Augusta (Astorga).
A vía trazouse a comenzos do cristianismo aproveitando os camiños máis antigos. Entra en Galicia por A Mezquita, e ven sendo o camiño xacobeo de maior percorrido.
O termo “vía da prata” procede da palabra árabe “Bal’hatla” palabra coa que os musulmáns designan aquela ampla vía pública empedrada e de sólido trazado pola que se encamiñan ó Norte Cristián. Pero este vial sí se chegou a empregar para o comercio da prata americana chegada dos peiraos de Sevilla. Por esta ruta avanzou Almanzor ca súa infantería contra Santiago no 997.
Séculos máis tarde é o ca iño que fixeron as campás da catedral que se levaron durante a reconquista.
A Vía da Prata e o Camiño de Inverno conflúen en Lalín, Bendoiro. Este Camiño de Inverno é a entrada a Galicia dende a Meseta, é a alternativa á dura subida ós cumios nevados do Cebreiro.
A súa orixe remóntase á época romana partindo das explotacións de ouro das Médulas. Por aquí tamén entraron as tropas de Napoleón e coincide co trazado do ferrocarril que comunica co resto da Península.
Visitas turísticas e pernocta no Pavillón Polideportivo
Visitas turísticas
No tramo da Vía da Prata e do Camiño de Inverno ó seu paso por Boqueixón, poden realizar, mediante reserva previa, as seguintes visitas turísticas guiadas gratuítas:
PICO SACRO (Lestedo):
tamén denominado “Miradoiro de Compostela” posto que é o primeiro lugar desde onde se poden divisar as torres da Catedral compostelá. É un dos picos máis emblemáticos e coñecidos de Galicia. Patrimonio natural, histórico e cultural sobre o que se relatan innumerables lendas e en especial a da Raíña Lupa e o traslado do corpo do Apóstolo (lenda recollida no Códice Calixtino).
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PICO SACRO (Lestedo):
A escasos metros do pavillón e da Vía da Prata sitúase o Centro de Interpretación do Pico Sacro. Nel recóllense todos os datos dos que dispoñem os sobre a orixe, formación, lendas, importancia cultural, referencias escritas, etc, do Pico Sacro. Conta con dúas exposicións: “Nos dominios da Raíña Lupa” e “O Pico Sacro no Códice Calixtino”.
CONTACTO PARA RESERVAR :
Tlf.: 981 513 061 (Dpto. Formación, Emprego e Turismo)
Onde durmir
En Boqueixón hai a posibilidade de pernoita no Pavillón Polideportivo de Lestedo, no que se permite aloxarse a grupos de peregrinos mediante reserva previa.
Condicións da reserva no pavillón:
- Grupos cun mínimo de 10 persoas.
- Formalizar a solicitude de reserva de instalacións (impreso oficial na sede electrónica en www.boqueixon.gal ).
- Custo de 3€/ persoa/ noite (ordenanza reguladora municipal).
- As instalacións do pavillón contan con aparcadoiro, auga quente, duchas, vestiarios, luz, toma de auga exterior e proximidade cos servizos (bares, restaurantes, farmacias, etc) que ofrece Lestedo.
CONTACTO PARA TRAMITAR:
Tlf.: 981 513 061 (Dpto. Formación, Emprego e Turismo)
Teléfonos de urxencias
EMERXENCIAS MÉDICAS: 061
EMERXENCIAS: 112
GARDA CIVIL LESTEDO: 981 50 30 51
PROTECCIÓN CIVIL BOQUEIXÓN: 616 440 465
CENTRO SAÚDE FORTE: 981 513 010
CENTRO SAÚDE LESTEDO: 981 50 22 97
AVISOS INCENDIOS FORESTAIS: 085
CONCELLO DE BOQUEIXÓN: 981 513 061