Solicitude de uso dos centros socioculturais para entidades
"(Necesario)" señala los campos obligatorios
NORMAS DE USO DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
1- As persoas ou grupos interesados na utilización destas instalacións municipais deberán cubrir unha solicitude e presentala no rexistro do concello (por sede electrónica ou presencial) como mínimo con 3 días de antelación.
2- Non se poderá facer uso doutro espazo distinto ao solicitado nin fóra dos días e horas solicitadas, quedando obrigadas a comunicar calquera cambio posterior, de ser o caso.
3- A persoa solicitante responsabilizarase das chaves do local, quedando prohibido facer copias das mesmas nin prestalas a terceiras persoas.
4- A persoa ou entidade solicitante comprométese a facer cumprir as seguintes normas:
- Respectar o mobiliario e o material existente.
- Responsabilizarse de posibles danos, gastos e prexuízos que se poidan ocasionar, así como da responsabilidade civil que puidera derivarse de calquera incidencia que teña lugar.
- Comunicar ao concello calquera anomalía producida.
- Deixar o local en condicións axeitadas de uso e limpeza.
- Queda prohibido o consumo de bebidas alcohólicas a menores nestas instalacións.
5- No caso de uso continuado, a autorización será como máximo por un ano, a contar dende a data de solicitude. O concello resérvase o dereito de modificar dita autorización en función das necesidades xurdidas.
6- A presentación da solicitude implica a aceptación das normas que son de obrigado cumprimento.