Forte s/n
15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)
Telfs: 981 513 061 – 981 513 052
Fax: 981 513 000
www.boqueixon.gal
CIF: P-1501200-H
correo@boqueixon.es
Programa de integración laboral 2024 (PEL-Concellos)
Con data do 12.02.2024, publicouse no BOP da Coruña núm. 31, a Resolución núm. 2024/4824, do 8 de febreiro, pola que se aproba a concesión das axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2024 (PEL-Concellos).
Solicitude | Importe de subvención | Cantidade a xustificar |
Beneficiario: CONCELLO DE BOQUEIXÓN NIF:P1501200H Expediente: 2024000000510 Obxecto: Programa de integración laboral. | 28.000 € | 28.000 € |
Con cargo a esta xuda contratáronse 3 persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Santiago Norte, na ocupación de peón/peoa de obras públicas, a duración do contrato foi dende o 15 de maio ata o 29 de setembro de 2024 (4,5 meses), cunha xornada de 90%.