Servizo de contratación
Forte s/n
15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)
Telfs: 981 513 061 – 981 513 052
Fax: 981 513 000
www.boqueixon.gal
CIF: P-1501200-H
correo@boqueixon.es
PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2024-2025 AGADER
O Concello de Boqueixón, a través da Resolución do 7 de maio de 2024 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2041-2020, realizará as obras de MELLORA VIARIO EN O TESOURO E OUTROS,
Nº de Expediente: PM24-0178
Título: Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no concello de Boqueixón
Promotor: Boqueixón
DESCRICIÓN DO PROXECTO
Trátase con este proxecto de acometer as obras de mantemento e mellora do firme existente en tres pistas municipais. As obras que se pretenden son as de mantemento do firme existente, así como das seus marxes mediante limpeza de cunetas.
As pistas sobre as que se pretende actuar son as seguintes:
– Mellora Viario En O Tesouro
Descrición: Lonxitude 960 m., ancho 5,00 m e 100 m2 de abanicos.
Procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.
– Mellora Viario Acceso a Casalpeguito (regos)
Descrición: Lonxitude 730 m., ancho 4,5 m e 100 m2 de abanicos.
Procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches
– Mellora Viario Casal (regos)
Descrición: Lonxitude 440 m, (dividido en dous treitos de 185×4,50 e 255×4,50 m e 2 abanicos de 50 m²)
Procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo e previa ampliación no treito de 185 m de 0.5 m e no treito 255 de 1., con 15 cm. de pedra 32/63 e tratamento asfáltico semiprofundo e perfilado de mordentes con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.