Forte s/n
15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)
Telfs: 981 513 061 – 981 513 052
Fax: 981 513 000
correo@boqueixon.es
O concello de Boqueixon realiza a seguinte obra:
AMPLIACIÓN DE SANEAMENTO EN CACHOSENANDE E LESTEDO
Importe da subvención: 49.650,14 €
Presuposto total: 66.200,19 €
Núm. expediente: AU300A2021/253-SD
Esta obra está cofinanciada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 e concedida por Augas de Galicia a través das subvencións ós concellos en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execucións de obras de abastecemento, saneamento e depuración (código de procedemento AU300A) (DOG. 24.03.2021)
As obras foron realizadas de acordo ó proxecto construtivo e en cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, as cales estaban destinadas á execución de actuacións necesarias para a mellora da rede de saneamento.
A obra consistíu na ampliación de 2 treitos da rede de saneamento en Cachosenande e outro en Lestedo:
1) Ampliación de saneamento en Cachosenande: levouse a cabo a ampliación da rede mediante a canalización de 645 m. de tubo de PVC e executáronse 20 pozos de rexistro. Foi necesaria a reposición dunha tubaxe que cruzaba a estrada con 6 m de tubo de formigón cas correspondentes aletas. Tamén se realizou a correspondente reposición dos firmes afectados con acabado en regas asfálticas e reforzo previo da tubaxe con formigón nas zonas de rodadura.
2) Ampliación de saneamento en Lestedo: para a conexión dunha fosa existente en mal estado de conservación á rede xeral de saneamento, levouse a cabo a canalización de 120 m de tubaxe de PVC con 6 pozos de rexistro. Para o cruzamento da estrada N-525 executouse unha perforación horizontal de 20 m. Realizouse a reposición dos pavimentos afectados: beirarrúa con bordo e aglomerado previo reforzo da tubaxe con formigón nas zonas de rodadura de vehículos.