ÁREAS MUNICIPAIS
Concello de Boqueixón
As súas áreas propias serán: secretaría municipal, asuntos protocolarios, relacións institucionais, relación coas comunidades residentes no exterior, promoción do Concello, persoal, ordenación urbanística e expropiacións.
Esta concellería encargarase da política de vivenda, obras públicas, coordinación de investimentos en infraestruturas, programa de control e supervisión de consumos e subministración eléctricas, revisión de contadores, transporte metropolitano, abastecemento e saneamento, xestión do punto limpo e servizo do lixo así como das concentracións parcelarias.
Este departamento encargarase do programa de mantemento de vías e camiños, peches e obras menores, servizo de limpeza viaria, beirarrúas e áreas recreativas, programa de mantemento de pistas forestais, programa de rozas, programa de limpeza e mantemento de edificios públicos, protección civil, seguridade cidadá, parques e xardíns, protección ambiental e defensa contra incendios. A maiores, terá delegadas as competencias en xestión económica, control financeiro e orzamentario e xestión tributaria.
As súas áreas propias incluirán a atención á terceira idade, discapacidade e colectivos en risco de exclusión, coordinación dos programas de dependencia e cobertura das necesidades sociais básicas, políticas de igualdade social, coordinación do CIM e políticas de igualdade de xénero.
A esta Concellería corresponderalle a promoción e programación cultural, políticas de educación, xestión dos locais socioculturais, implantación das novas tecnoloxías e dinamización tecnolóxica.
Este departamento municipal encargarase da xestión dos parques empresariais, comercio, protección ao consumidor, feiras e promoción económica. Así mesmo, promoverá programas formativos e de desenvolvemento local, promoción e dinamización turística: Pico Sacro, Vía da Prata, Ponte Ledesma, San Cidre, Xenerais da Ulla… e garantirá a protección do patrimonio histórico e artístico. Finalmente, encargarase das áreas de desenvolvemento rural, agricultura, gandería e montes, industrias derivadas destes sectores.
Deste departamento dependerán a programación e promoción deportiva, a xestión das infraestruturas deportivas e a coordinación das entidades deportivas do Concello.