ALOXAMENTO
Concello de Boqueixón
Listado por orden alfabético
ALBERGUE RAÍÑA LUPA
Lugar de Deseiro- Sergude
Teléfono: 981 511 803/ 679 842 829
Web: www.alberguereinalupa.com
Albergue familiar inaugurado en 2018. Dispón de 14 prazas en liteira e 4 en camas, distribuídas en 2 habitacións dobres con baño e 1 habitación con liteiras con 14 camas. Conta con servizo de sabas de tea e toalla, duchas, auga quente, calefacción, salón de xogos e lectura, terraza, lavadora e secadora.
CASA DA AMERICANA (I, II)
Forte, s/n- Boqueixón
Teléfono: 649 582 165
Correo electrónico: gestioncasadaamericana@gmail.com
Casa restaurada en 2023.
Casa con dúas vivendas totalmente independentes.
- Casa da Americana I: Capacidade para 6 persoas.
Todas as comodidades dun hotel como se estiveras na túa casa.
Dispón de cociña e salón comedor integrado na planta baixa e un aseo. Habitación principal con cama de matrimonio grande e baño privado completo, outra habitación de matrimonio e un baño completo xeral. No baixo cuberta, atópase unha habitación con cama “King” e zona de estar propia. - Casa da Americana II: Capacidade para 8 persoas.
Dispón de cociña e salón comedor integrado na planta baixa e un aseo. Dispón de habitación principal con cama de matrimonio grande e baño privado, outras 2 habitacións de matrimonio e un baño completo xeral. No baixo cuberta, atópase unha habitación con cama “King” e zona de estar propia.
A parte exterior común a ámbalas dúas vivendas, está composta por solario con zona verde, e unha pérgola ideal para xantar ó aire libre, facer un churrasco ou tomar o sol.
CASA DE CASAL
Cachosenande-Lestedo
Teléfono: 981.503.227
Web: www.casadecasal.com
Típica casa rústica galega do século XVIII, coñecida inicialmente como Casa das Mulas e máis tarde como Casa dos Reitores, foi recentemente restaurada mantendo intacta a súa arquitectura tradicional. Dispón de nove habitacións dobres con baño e fío musical, unha delas acondicionada para minusválidos, ademais de amplos salóns, terraza, lareira, lagar, servicio de comedor e calefacción central.
Na finca de 45.000m2 que rodea a casa atópase unha carballeira, árbores froiteiras, camelias, horta e invernadoiros de flores. A súa privilexiada situación a escasos 100m da Ruta da Prata, itinerario de peregrinaxe a Compostela, permite ao visitante achegarse ata ó cumio do Pico Sacro.
Casa Turística Norema
Travesía de Cachosenande, nº 18 – Lestedo
Teléfono: 659953270
Correo electrónico: pacolopez1977@gmail.com
Vivenda de uso turístico de casi 300 m2 distribuídos en 2 plantas, dispoñible para un máximo de 10 persoas durante todo o ano. Acondicionada coas seguintes comodidades necesarias: zona de lavadora e secadora, cociña, salón, comedor, zona de xogos cunha mesa de billar e outra de futbolín, 3 baños completos (un deles dobre), 3 habitación matrimoniais, 1 habitación de liteiras e 1 habitación cunha cama individual convertible en dobre. Tamén conta cun soportal na entrada, unha zona exterior, parking gratuíto dentro do aloxamento e unha zona de grellada.
María Manuela Enoturismo
Lugar do Pazo, nº3. 15882 Boqueixón
Tlf. +34 981 191 181 +34 658 643 628
María Manuela ofrece aos visitantes seis cabanas colgantes de madeira integradas nunha fermosa carballeira, respectando ao máximo os valores naturais e ambientais da contorna e con capacidade para 18 persoas.
Este conxunto de cabanas ubícase a carón dunha plantación de uva albariño enmarcada na D.O. Rías Baixas.
Aúnase así a paixón polo viño e polo turismo, creando Enoturismo María Manuela, un lugar máxico no que desconectar e desfrutar da natureza.
Proxecto gañador no 2020 do premio Agader á iniciativa de desenvolvemento rural na sección de Turismo.