Mañá venres 27 de maio terá lugar no Pico Sacro o III ENCONTRO DA FRATERNIDADE DO DRAGAL.
Este encontro organízase en base á triloxía da literatura galega do mesmo nome: Dragal, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingúística e o Concello de Boqueixón, contando coa colaboración de Ramsa, S.A.
Durante toda a mañá do venres, os 230 rapaces/as participantes de 6 centros educativos de toda Galicia, realizarán varios xogos de rol e actividades no Pico Sacro, no Centro de Interpretación, pavillón de Lestedo e inmediacións da igrexa de Sta. María de Lestedo. O encontro supón unha importante acción de potenciación e promoción cultural, patrimonial e turística do Pico Sacro e de toda a historia lexendaria que acumula este monte.