O vindeiro venres 27 de maio terá lugar ás 21:30h. no local social de Lamas, unha reunión informativa cos veciños e veciñas desta parroquia.
Esta xuntanza pretende ser unha acción de democracia participativa e diálogo estructurado cos cidadáns, na que os veciños e veciñas poidan debatir e opinar sobre as accións estratéxicas que se están a levar a cabo dende o concello.
O obxectivo a medio prazo é consolidar estas xuntanzas e avanzar cara novas formas e instrumentos que faciliten a participación cidadá directa, na que poder dar resposta inmediata a calquera suxestión ou queixa cidadá.
Os temas a tratar nesta reunión serán os seguintes:
- Inventario Municipal de Camiños Públicos
- Oficina Técnica Municipal:
- Licenzas e Comunicacións previas de OBRAS e ACTIVIDADES
- Obras menores
- Obras maiores
- Distancia a lindeiros e cultivos
- PXOM
- …
- Información de Xestión Municipal