No día de onte tivo lugar o primeiro foro participativo do novo GDR, con máis de medio centear de persoas (empresarios, emprendedores, asociacións e a cidadanía en xeral) do municipio de Boqueixón, entre elas o seu alcalde Ovidio Rodeiro Tato, que se deron cita na casa do concello de Boqueixón, para a elaboración e deseño da estratexia de desenvolvemento local do territorio e preparación de candidatura á convocatoria Leader 2014 – 2020 do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia, que conta poñerse en marcha a finais do ano cun mínimo de tres millóns de euros.
Primeiramente realizouse unha introdución na que se deu a coñecer a repercusión do anterior programa Leader Galicia 2007-2013 no concello de Boqueixón, acadou 844.273,92 € de fondo públicos executados e un investimento total executado por importe de 3.589.827,56 €.
A continuación a sesión continuou coa explicación de cómo se va vai redatar o novo plan estratexico para o período que vai ata o 2020, os asistentes puxeron en común as potencialidades e debilidades do territorio.
Ante a actual situación económica é importante as intervencións financiables pola estratexia do GDR permitindo a posta en marcha de proxectos que permiten poñer en valor os recursos e dinamizar o territorio, e ó mesmo tempo apoiar o fomento das iniciativas empresariais, tanto de creación de novas empresas como de ampliación, mellora e modernización dos sectores produtivos prioritarios no territorio e a xeración de emprego. O desenvolvemento dependerá en gran medida da capacidade para apoiar proxectos e iniciativas que impulsen a economía local, aborden novos enfoques sectoriais, novas oportunidades que xeneren actividade económica sostible, mellorando a calidade de vida da poboación rural.