O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boqueixón, baixo a coordinación da psicóloga e da traballadora social, pon en marcha un programa de apoio a persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia a partir do mércores 25 de maio.
“CoidarNos” nace co obxecto de crear un espazo onde as persoas coidadoras poidan compartir experiencias comúns en torno ao coidado dos seus familiares, conformando así un grupo de apoio onde a xeración de vínculos e o sentido de pertenza redunden na mellora da calidade de vida das persoas participantes, abordando entre outras cuestións: estratexias de afrontamento de situacións diarias fronte aos coidados, comunicación e negociación, expresión de emocións, recuperación do tempo de lecer…
Máis información no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981513106.
Preme sobre a imaxe para ver a información ampliada: