O Concello de Boqueixón adquiriu recentemente un desfibrilador automático para o seu uso nas instalacións deportivas municipais co fin de garantizar a seguridade dos ususarios mentres realizan exercicio físico, facendo destas zonas espazos cardio-protexidos.
Ademáis da adquisición en sí do desfibrilador, en próximas datas, vaise a formar a representantes de equipos e asociacións deportivas para que sepan empregar este aparato ante unha emerxencia vital.
Os desfibriladores son pequenos aparatos electrónicos portátiles que poden diagnósticar unha parada cardíaca e revertir a situación mediante unha descarga eléctrica. Os primeiros minutos na asistencia ante un problema cardíaco son cruciais, xa que os expertos estiman que a desfibrilización precoz nos 3-5 minutos posteriores ao colapso poden producir taxas de supervivencia entre o 50% e o 75%, e unha ambulancia adoita tardar moito máis en chegar.