O 15 de abril, sae publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de abril de 2016 da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
O prazo para a presentación das solicitudes da axuda periódica para vítimas violencia de xénero prevista no artigo 39 de Lei galega 11/2007, é do 16 de abril ao 31 de outubro de 2016.
As solicitantes que no caso de ser beneficiarias desta axuda deben manter actualizados os datos de contacto (teléfono e enderezo) para os efectos do seguimento das axudas previsto no artigo 16 da convocatoria, así como das obrigas recollidas no artigo 14, especialmente a obriga de manter a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia e de comunicarlle ao órgano concedente calquera cambio das circunstancias que xustificaron a concesión da axuda, e, en todo caso, a actualizar e remitirlle con carácter semestral as declaracións responsables recollidas no anexo II. O incumprimento destas obrigas pode dar lugar á suspensión provisional e/ou definitiva da axuda.
Para obter máis información poñerse en contacto co CIM do Concello de Boqueixón ou ben chamando ó teléfono 981 513 061.