Na mañá de hoxe celebrouse no Pavillón de O Forte o I Campionato Concello de Boqueixón de Judo entre rapaces e rapazas nados entre o 2001 e o 2012.
Esta gran xornada de deporte, supuxo un día de convivencia para todos os cativos e cativas que se achegaron a Boqueixón dende concellos limítrofes como Santiago, Rois, Ames, Vedra e incluso de Ferrol.
Ante uns 500 espectadores, os nenos e nenas disputaron emocionantes combates demostrando a súa calidade técnica e sobre todo poñendo en práctica os valores ímplicitos no judo como é o respeto e o control sobre sí mesmo.
O alcalde, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de deportes encomiaron a gran labor destes pequenos judokas e desexaron para eles futuros éxitos neste deporte. Ao finalizar o campionato, ambos fixeron a entrega das medallas aos participantes.