Esta mañá tivo lugar nas instalacións de Viveiros Compostela S.A.T no lugar da Corna (Boqueixón) a sinatura dun convenio de colaboración de gran interese entre esta empresa local e o Concello de Boqueixón.
Esta sinatura permite a ambas entidades aunar esforzos para o impulso dunha iniciativa de sensibilización ambiental centrada no apadriñamento/amadriñamento dunha xardineira, durante un periodo dun ano prorrogable e aberto a participación de toda a veciñanza así como de comercios, institucións, asociación…
Viveiros Compostela contribúe de forma desinteresada a este proxecto a través da realización da formación para o coidado e mantemento da xardineira cunha xornada de traballo que se desenvolverá o día 16 de abril, ademais de suministrar a un máximo de 50 xardineiras todos os consumibles precisos (substrato e pranta ornamental de produción propia) para o adecentamento e ornamentación da mesma.
Pero a colaboración altruista de Viveiros Compostela vai máis alá, xa que dentro do seu compromiso está o entregar un vale de 20 euros a cada padriño/madriña participante para trocar por planta ornamental de tempada de produción propia.
Actualmente, hai máis de 20 padriños/madriñas interesados nesta iniciativa.
Nesta liña de actuacións encamiñadas a sensibilizar en clave ambiental e contribuir ao embelecemento do municipio, estanse a deseñar as bases dun concurso de Ornamentación de Xardineiras entre os participantes no proxecto para premiar á mellor xardineira. Viveiros Compostela contribuirá, outorgando 100 euros ao 1º premio nun vale de compra para canxear en productos dispoñibles na súa zona de venta ao público, garden, situado nas súas instalacións da Corna (Boqueixón).
Todas as persoas interesadas en participar no proxecto de apadriñamento/amadriñamento poderán obter máis información na Casa do Concello de Boqueixón ou chamando o 981513061.