O PICO SACRO E A CULTURA
O Pico Sacro foi obxecto de interés ao longo dos tempos, de xeito que no século XVII o cronista Mauro Castellá e Ferrer nunha obra titulada “Historia del Apóstol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo Patrón y Capitán General de las Españas”, inclúe un mapa no que representa de forma historiada a lenda xacobea. Nesta aparece unha ilustración do Pico Sacro na que se ve o dragón, os bois e o castelo do cumio recolle tamén, a chegada do barco a Padrón, o castelo de Lupa, a cidade de Duio e o transporte do corpo do apóstolo nun carro.
Nembargante, a meirande parte das referencias artísticas e literarias sobre o noso Pico virán posteriormente nos séculos XIX e XX, nesta época existe un especial interés en Galicia e no resto de Europa por todo o relacionado con temas de folclore e tradicións populares. Feito que coincide na nosa terra cun auxe de movementos coma o rexionalismo e o nacionalismo, constituíndose o Pico Sacro como un elemento de referencia.
Autores como o estradense Marcial Valladares Núñez recopila numerosos refráns e cantigas populares, moitos deles relacionado có Pico, un exemplo é o poema titulado “A Fonte do Pico Sacro”, no que di:
Os touros e gran dragón
Que medo estonces causaban
E de Lupa de Padrón
Suntuosas casas gardaban,
Nárranos a tradición.
Touros que, ante a crus coutados,
En Compostela puxeron,
De varóns santos guiados,
Restos que estes nos trouxeron
Do seu Maestro embarcados.
Este autor que escribiu a primeira novela en lingua galega titulada “Maxina ou a filla espúrea”, dicía:
“Era o día vintesete, día da romería no Pico Sagro, e subindo a aquela altura de dous mil cento trinta e oi-to pes sobre o nivel do mar, altura onde, según lendas e tradicións do País, habitaron antigos mouros, e dis que algún habita aínda; onde en novecentos catorce fundóu o bispo don Sisnando menesterio de Benitos; onde en mil oitocentos trinta e un o arzobispo compostelano Frei Rafa el Veles mandóu poñer, e en primeiro de novembre daquel ano púxose no curuto mismo unha gran crus de pau pra que os pasaxeiros a adoraran, feita astelas por un raio o sábado de Ramos de mil oitocentos trinta e seis; rubindo por aquel monte de carronchiñas frolidas, queiroas e recentes tomelos, acudían de moitos lados, por diferentes carreiros, devotos que iban a visitar o Santo San Sebastián, algúns asta con ofrendas; todos a rezarlle, a oirlle misas na súa solitaria ermita, único que hoxe se ve alí, pausado como unha pombiña blanca ó pé da cresta”.
Historiadores como Manuel Murguía, figura clave do movemento rexionalista de finais do século XIX:
Pico Sagro, Pico Sagro
Que te consagrou ó bendito Santiago
Con seus boys e con seu carro,
Líbranos d’este fogo airado:
Por la intersección de la Virgen María,
Un padre nuestro y un Ave María (Murguía, M. M. 1888: 206).
Cuando la tormenta se cierne sobre el valle que se extiende á los pies del monte, envuélvese éste en su manto de nieblas, que al ser rasgadas por el relámpago se ilumina y fulgura de tal manera, que no parece sino que en aquella cumbre tiene asiento material la tempestad, y que allí se forman las lluvias que inundan la campiña y cría el rayo que las hiere. Su especial situación y forma, que hace que se le vea desde largas distancias, aumenta su prestigio, pues las rápidas y grandes tronadas que tan frecuentes son en el valle de la Ulla, se las ve formarse, crecer y estallar con estrépito formidable, y como quien dice, herir la cima y los flancos del monte. ¿Cómo no herir la
imaginación del pueblo?” (Murguía, M. M. 1888: 207).
O gran Antonio López Ferreiro, catedrático de Arqueoloxía Sagrada no Seminario compostelán que realizou un labor destacado na descuberta das reliquias do apóstolo Santiago:
El Monte-Sacro de Galicia”: “É tamén digno de atención un terraplén de pouco máis de dous metros de alto, sostido pola parte da vertente por unha escarpa formada de pedra e terra que rodea o Pico dende o punto en que se levanta sobre a serra. A este terraplén chámaselle a” horta da raíña Lupa”.
Prestóuselle tamén atención os dous túneles perforados no monte que se coñecen co nome de “buratos dos mouros”. Dun deles dicíase que puido ser parte dunha mina romana.
“Sobre la cima de este pico se disfruta de una de las más bellas vistas que puede ofrecer nuestro país, tan rico en hermosas perspectivas, que remunera bien el cansancio de su agria y difícil subida. Inmenso es el horizonte que desde allí se descubre; grande la variedad de decoraciones que desde allí ostenta la fecunda naturaleza. Por la parte del N.E. se ven paradas las desnudas montañas; pero el espectador no tiene más que volver la espalda y a sus pies descubre el risueño valle del Ulla y el fértil terreno de las parroquias vecinas, cubierto de mieses, ceñido por la carretera, sombreado por pequeños sotos y pinares, y guarnecido de blancas habitaciones; más adelante la elevada tierra de Tabeirós y más a la derecha el ameno valle del Vea. Por la parte del E. limitan el horizonte las gigantescas y nebulosas moles de las sierras de Campelo, Farelo y Faro; por el O. la plateada superficie del mar. Hacia el N. destacan las elevadas cúpulas de la ciudad vecina; un poco más abajo
resalta el rico país de la Amaía” (LÓPEZ FERREIRO, A. 1868 [1960: 207]).
O literato Curros Enríquez:
Dixo verbo máis forte que o profeta Isaías,
cando, a prol da verdade, se irmandaba con Cristo:
¡ o mesmo ao Gran Petroso que ás falsas teogonías,
ninguén máis rexa lira batel-os se tén visto!
Agóirou para Galiza fulxentes, craros días,
nun cumio de un Tabor de libertá ben quisto:
¡cando o Povo Galego, vencendo ás tiranías
no Pico Sacro o lábaro ondé por sempre enfisto!
Andacios de inxusticia, trebóns de crúa guerra
ao profético bardo desbotaron da Terra:
¡sen doce ollar o Atlante vío en pranto desfeito!…
I-emigrado, afundido n-unha inmenso soidade,
soio as ondas dixeron de sen fin a verdade:
¡O seu gran corazón non lle coupo no peito!…
(Aires da miña terra)
No século XX , os membros da Xeración Nós e do Seminario de Estudios Galegos continuaron empregando o Pico coma un auténtico referente simbólico Vicente Risco, López Cuevillas e Otero Pedraio entre outros. Destacaremos a Alfonso R. Castelao, símbolo do nacionalismo galego, de quen se sabe fixo varias excursión ao Pico Sacro acompañado de varios amigos e quen, no seu último discurso no exilio, rememorou ao Pico Sacro:
Miñas donas e meus señores:
SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única.
Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d-entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. O día de festa comenza en Sant-Iago. A torre do reló tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo día, e de seguida comeza unha muiñeira de campás, repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todol-os campanarios da cibdade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos maravillosos, de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, d-un culto panteista, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lámpara votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos. Por eso a muiñeira de campás, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de
coto en coto, dende os campanarios pimpantes da veiramar até as homildes espadañas da montaña. E o badaleo rítmico das campás –de todal-as campás de Galiza en leda algarabía- semella o troupeleo dos cabalos astrales, que veñen pol-a vouta celeste, turrando co carro de Apolo, que trai luz e calor ao mundo en sombras. Hoxe é o Día de Galiza, e así comenza.
(Alba de groria, 1948).
De Valentín Paz Andrade, recordamos este fermoso poema:
Pico sagro da palabra
Agora eres canzón de lonxe ouvida
bocarribeira adentro serra a serra,
matri-solar da oestreminiana xente
onde a escuma da caste se alporiza.
A Mariña na brétema enfoulada,
a facer contraponto no teu canto,
a do Caurel de cervos enramada,
de Manzaneda e de Avión finxindo
vertebración azul dos verdes eidos.
Eras o Pico Sagro da palabra,
oral orografía dos espíritos
que no barro enfornaron unha patria.
É, por último, salientar a un dos grandes e Fillo Adoptivo de Boqueixón, don Xosé Neira Vilas que na súa novela “Cartas a Lelo” fai referencia á lenda das covas:
Tamén do Pico Sagro se din unha chea de cousas. Tanto é que hai pouco estivemos catro de nós alá. Con Tamboril de xefe, coma sempre. Porque Tamboril –xa cho teño contado- é o armandanzas máis espelido de toda a volta, e enriba deso ten un pai que lle mete ós libros. Díxonos: nada de patuleas; connosco abonda para esta vez. Os outros dous eran Bolecho e o Marxado.
Saímos ben cedo, dispostos para un andar longo. Sentámonos unhas tres veces no camiño. E volta a seguir. Era coma se o Pico tamén camiñase. Viámolo preto, case a beiriña, pero non dabamos chegado. Bolecho propuxo avanzar de arrecú, e logo deu en rir a cachón. Ríase da súa propia estrucia. Cando empezou a costa, o monte a chupe, case non falabamos. Veña suar e xemer. Bolecho non podía consigo. Foise quedando. Botaba man das uces, ollaba para atrás. Tamboril faloulle, alentouno. E así puidemos chegar ó curoto. ¡Como se ve mundo! E é un pico de certo, estreito e aguzado. Na cima terá o anchor dun palleiro. O aire, que alí zoa sempre, abaneábanos.
Comezamos a baixar. Tamboril falou das covas e alá fomos. Unha semellaba un pozo con escaleiras cobregueantes. Guindamos nela pedras que caían en longo chouqueleo. Na segunda metémonos sen moito pensalo. De seguida que se entra hai que subir, e dalí a pouco baixar. Eu levei una lanterna de pila que nos veu ben. Pero a cova fóisenos poñendo moi a chupe e recuamos. De volta para a casa vimos o paso da raíña e a ermida de San Sebastián.
Foi unha boa andaina. Cando chegamos á aldea, anoitecía. Na fonte bebemos a picho enteiro. Sentámonos un chisco e logo fomos ver ó vello Severino. ¡Pobre! Decote só. Falámoslle da nosa aventura, e aí botouse el a contar. Malia que non o visitamos denantes. Sabe un eito de cousas do Pico Sagro. Verás.
No fondo da cova hai unha corredoira que disque vai dar ó pozo de Gundián, un lugar moi estreito e fondo, no río Ulla. Cóntase que a fixeron os mouros para levar os cabalos a beber. ¡Sempre os mouros! Tal se ven dicindo dende antiga data. Hai tempo baixaron a ela, atados con adivais, catro homes da vila. A pouco de andar bateron cun vello que estaba derriba dunha peneda. Colleron grimo. O vello dixo : Non teñades medo. Eu son o trasno; son un home cama vós, forasteiro que dende hai moitos anos veño arreo por aquí. Busco a ferradura branca; tras dela hai un tesouro. Fuxeu polo escuro e non volveron a velo.
Na romaría do San Sebastián, a mantela vermella dunha moza saíu voando. Deu unhas cantas voltas alá enriba, darredor do Pico, e logo entrou na cova. Non a vion máis, En Lestedo cóntase que hai moitos anos, no tempo da malla, o gran voaba das eiras e ía dar ó Pico. Víase ir polo aire en roladas coma enxamios.
Tamén é de misterio a historia de arrie iro. Disque cargaba as mulas de centeo e con elas subía ó Pico Sagro. Escollía sempre algunha noite ben escura. Alí deitábase a durmir e cando espertaba xa non había gran e si o diñeiro da paga nas alforxas. Era un segredo que lle non podía dicir a ninguén.
Pero tanto teimou a súa muller, unha vez e outra, que el un día contoullo todo. E acabóuselle o choio. Dalí en diante non lle descargaban as mulas. Por eso non volveu. Ós poucos anos, a este home veulle a morte. Vestírono coa roupa boa, metérono na caixa, e cando foron enterralo non estaba. Cóntase que o levaran encantado para o Pico porque non gardou o segredo.