O EREMITA DO PICO SACRO
O párroco don Pedro Ballesteros relataba como arredor do ano 1898 chegou un peregrino moi especial que quedou a vivir alí: “O 28 de novembro chegou un home chamado Justo Jesús del Cordero, ermitaño de San Antón Abade, natural de Astorga (…) idade trinta e tres anos, según di, que logo de andar dez anos de peregrino por toda España, Portugal, Francia e Roma, desexou facer vida de penitente no Pico Sagro.”
Ao principio durmía á intemperie no cumio do Pico, pero don Pedro apiadándose del ofreceulle un teito na reitoral de San Lourenzo da Granxa, igrexa moi próxima ao Pico Sacro, facendo as tarefas de axudante nos oficios relixiosos. Os veciños pronto se encariñaron con el, pero seguían sen saber a súa procedencia ni identidade. Solicitaron información ao arcebispado de Astorga pero alí non atoparon constancia da existencia de alguén con ese nome.
Posteriormente en 1916, no semanario “Blanco y negro” do periódico ABC, aparece publicado un relato da escritora Emilia Pardo Bazán titulado “La danza del peregrino”. A autora relata como atopándose nos oficios relixiosos do 25 de xullo na catedral de Santiago, advertiu a presenza dunha peculiar personaxe con barbas moi longas e enfundada nun atuendo de peregrino moi desgastado que escoitaba con gran devoción a misa.
Interesándose pola procedencia daquel home, comentáronlle que chegara facía bastantes anos ao Pico Sacro onde vivía das limosnas dos veciños e que cando lle preguntaban o porqué de vivir nun lugar tan inhóspito, respondía que desde alí podía contemplar os restos do santo e so baixaba á cidade o día do apóstolo.
Algúns dicían que vivía no interior dunha cova que escavara no cumio do Pico Sacro e outros que atopara nela cousa misteriosas.