O vindeiro sábado 16 de abril, o Pavillón Municipal de O Forte, acollerá o I Campionato Concello de Boqueixón de Judo. Esta xuntanza deportiva a nivel comarcal, reunirá unha media de 250 dos practicantes máis cativos da nosa comarca.
Ás 10:00h. dará comezo a quenda dos rapaces/as nados nos anos 2012 e 2008 incluídos, e as 11:00h. tocaralle o turno aos rapaces/as nados nos anos 2007 e 2001 incluídos.
Este campionato, organizado por Judo Compostela, enmárcase dentro dos obxectivos de promoción e fomento do deporte e actividade física que o Concello de Boqueixón está a levar a cabo, xa que se aposta polo Judo como actividade dentro da oferta de Escolas Deportivas Infantís Municipais polos seus valores deportivos e tamén educativos que están avalados pola UNESCO.
Agardase que esta xornada sexa de convivencia entre os mozos deportistas de Boqueixón e os participantes de outros clubes da comarca en torno a práctica dunha disciplina deportiva saudable.