Os maiores, que todos os martes e xoves participan no programa de Prevención da Dependencia que dende fai cinco anos se leva a cabo no local social de Sergude, colaboraron activamente no deseño dun cartel que forma parte da exposición “Mulleres da historia, mulleres con historia” que ata o 31 de marzo se poderá visitar en horario de 9:00 a 14:30h. na casa do concello.
Nesta composición, os maiores, quixeron plasmar a historia de vida dunha compañeira beneficiaria do mesmo proxecto que dende o mes de novembro non está entre eles.
Aproveitando a súa participación, organizouse a tal efecto, unha visita guiada a exposición para que comprobasen de primeira man o resultado do seu traballo, e puidensen apreciar o traballo dos demáis participantes.
A través deste programa de Prevención da Dependencia, realízanse actividades que promoven a ralentización do proceso de envellecemento e melloran a calidade de vida das persoas maiores con menos participación social do Concello de Boqueixón. Lévase a cabo dende o Departamento de Servizos Sociais cunha aportación da Excma. Deputación da Coruña, dos maiores e do propio concello.
Actualmente este programa está aberto a recibir novos participantes debido a varias baixas por enfermidade ou falecemento previa valoración técnica por parte do departamento.