No día de onte, levouse a cabo, no Hotel Vía da Prata de Lestedo (Boqueixón), unha cata maridaxe de produtos de Boqueixón e produtos amparados polo Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, organizada polo Concello de Boqueixón xunto co Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
A sesión foi conducida pola integrante do panel de cata do Consello Regulador e destiladora Sonia Otero, que deu a coñecer as características e potencialidades dos distintos produtos amparados (Orujo de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia) ao maridalos cos afamados doces boqueixanenses.
Participaron catro empresas de Boqueixón con distintas propostas, Pastelería e Bombonería Elena (Lestedo) que ofreceu o seu bizcoito de toffee; Panadería Fachal Pastelería (Sergude) que aportou a súa empanada de mazá; Tartas de Lestedo coa súa afamada Tarta de Queixo, e Panadería San Cidre (Camporrapado) que ofreceu pan doce e bica.
A cata supuxo para os empresarios de Boqueixón unha oportunidade de presentación e promoción dos seus produtos, do seu bo facer e das exquisiteces que elaboran ofrecendo así un peche “con moi bo sabor de boca” para calquer xantar.
Asistiron entre outros, dous cociñeiros do Grupo Nove, hostaleiros de Boqueixón e hostaleiros de concellos limítrofes.
www.lindeiros.es faise eco da Cata – Maridaxe (preme no seguinte enlace para ver a reportaxe):
A CRTVG tamén recolle unha reportaxe gráfica sobre A Maridaxe entre augardente galega e produtos de Boqueixón (preme no seguinte enlace para ver a reportaxe):