O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro e o técnico de deportes, Ricardo Romero, mantiveron un productivo encontro cunha representación do Boqueixón CF de Veteranos, o cal serviu para presentarlle o alcalde os obxectivos que teñen previstos para esta tempada como é revalidar o título de campeóns galegos.
Tamén se aproveitou esta xuntanza para poñer en coñecemento do equipo as melloras que se van a realizar tanto nos vestiarios como no entorno do campo de fútbol e para establecer lazos de colaboración en materia de conservación e mantemento das infraestructuras municipais.
O alcalde encomiou o seu esforzo e agradeceu que leven o nome de Boqueixón ao máis alto do deporte.