No DOG do día 24 de febreiro de 2016, publicouse a Resolución do 18 de febreiro de 2016, pola que se convoca o procedemento da adxudicación de prazas nas Escolas Infantís 0-3 anos para o curso 2016/17.
Dita resolución modifica o ANEXO V relativo ao Baremo que se aplica na avaliación das solicitudes presentadas.
Tendo en conta que, a normativa da Consellería de Política Social é aplicable a escola Infantil Municipal Raíña lupa de Boqueixón, na xunta de goberno do día 3 de marzo de 2016, acordouse modificar o Baremo aplicable ás solicitudes presentadas no concello de Boqueixón.