O PICO SACRO
Concello de Boqueixón
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PICO SACRO
LOCALIZACIÓN
Sitúase na parroquia de Lestedo (Boqueixón) preto da cidade de Santiago de Compostela a tan so 14 kilómetros. A forma máis sinxela de chegar é pola estrada nacional N-525 que une Santiago e Ourense ata a aldea de Cachosenande.
QUE NOS OFRECE
Exterior: o centro ocupa a antiga Casa Reitoral (século XVIII) da parroquia de Santa María de Lestedo e constitúe un marabilloso exemplo de arquitectura rural galega. No exterior dispón dun espazo axardinado cun hórreo e unha fonte de auga fresca que mana directamente do Pico Sacro.
Interior: na pranta baixa localízase a oficina de información turística e a sala de audiovisuais e na parte alta podemos difrutar dunha exposición permanente: “O Pico Sacro, nos dominios da raíña Lupa”, que nos achega dun xeito gráfico e didáctico a toda a maxia que rodea ao Monte Sagrado de Galicia.
Visita guiada: percorreremos a exposición que está dividida en catro eixes temáticos: “Un fito xeolóxico”, “O lugar do mito”, “O monte sagrado” e “A evolución histórica” distribuídos en torno a unha maqueta do Pico Sacro e o seu entorno. Remataremos a visita coa proxección dun espectacular audiovisual de dez minutos de duración con impresionantes imaxes aéreas.
CONTACTAR:
981.513.061 (Turismo, concello de Boqueixón)
boqueixonturismo@gmail.com
¿Queres solicitar unha visita guiada?
Faino dende este formulario ou chámanos