O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2016 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias:
Curso 2013-2014, convocadas no BOE do 19 de agosto, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.
Curso 2014-2015, convocadas no BOE do 7 de agosto, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.
Dotación:
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado que serán de conta do participante.
Os beneficiarios asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en réxime de internado, de cinco días de duración, a elixir entre o 28 de marzo e o 16 de decembro de 2016, nalgún dos seguintes emprazamentos: Santander, Madrid, A Coruña, Conca, Valencia, Sevilla, Selecta, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona, Aragón e Cartaxena.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de marzo de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en www.mecd.gob.es, en trámites e servizos.
Máis información no BOE do 5 de febreiro de 2016 e www.mecd.gob.es