O Concello de Boqueixón levará a cabo o día xoves 25 de febreiro de 2016 ás 20:00h. no Centro Sociocultural Pedro Barrié de la Maza de Sergude unha charla informativa sobre as axudas á rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago.
As axudas da ARI dos Camiños de Santiago consisten nunha axuda do 35 por cento do orzamento protexible, axuda que pode acadar un máximo de 11.000 euros por vivenda. Poden beneficiarse das mesmas todas as vivendas que cumpran os requisitos e estean emprazadas nas parroquias polas que pasan as sete rutas do Camiño de Santiago. Nas zonas urbanas e de acceso ás vilas e cidades o ámbito queda limitado ás vivendas emprazadas no trazado do camiño.
A charla informativa, que será impartida por unha arquitecta especialista neste tipo de proxectos, vai dirixida aos titulares de vivendas susceptibles de beneficiarse das axudas deste programa, que no Concello de Boqueixón son os propietarios das vivendas das parroquias de Sergude e Lestedo xa que por elas pasa o Camiño da Prata II.