Por medio da presente, infórmase ós/ás interesados/as, que o prazo para a inscrición nas probas de acreditación da lingua galega (Celga) convocadas para o mes de abril remata o vindeiro luns, 8 de febreiro, segundo a convocatoria do Diario Oficial de Galicia da data 7 de xaneiro de 2016.
● Datas dos examen: 2 de abril (Celga 5), 3 de abril (Celga 2), 9 de abril (Celga 2) e 10 de abril (Celga 1)
● Lugares: Santiago de Compostela e Ponferrada (León)
● Vías de inscrición:
Preferiblemente, a través de http://sede.xunta.es (buscar: ED114A);
– opcionalmente, nos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
● Consulta da convocatoria: na orde do DOG (http://ir.gl/d1f828) e en www.lingua.gal