O sábado comeza o Entroido Gastronómico da Ulla, no que Casa de xantar Casa Castro ofertará menús especiais destas datas que se poderán degustar nas fins de semana nas que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla, do 30 de xaneiro ao 14 de febreiro.
Este evento gastronómico, no que colaboran os Concellos da Comarca é complementario ao propio Entroido dos Xenerais da Ulla, xa que a gastronomía é un dos principais atractivos da zona do Ulla que se caracteriza por ser produtora de queixos, viños, augardentes, licores, pero tamén de carnes e filloas.
Casa de xantar Casa Castro ofrece baixo reserva previa, un menú elaborado con produtos da terra por 25€ que se compón de:
Entrantes:
Tosta de lacón con cebola caramelizada e queixo Arzúa gratinado
Croquetóns caseiros de rexóns.
Primeiro:
Revolto do Entroido.
Segundo:
Lacón, pataca, grelos, chourizo, fi lloas.
Sobremesa:
Crema de queixo de Boqueixón con mel.
Bebidas:
Viño albariño 3 bancadas (Rías Baixas-Subzona Ribeira do Ulla)
Marquesiño (mencía DO Valdeorras)
Preme no seguinte enlace e poderás consultar a oferta completa do Entroido gastronómico.
Adxuntos
- Catalogo_Entroido_GAL_web (2 MB)
- Catalogo_Entroido_GAL_web (2 MB)
- Catalogo_Entroido_GAL_web (2 MB)
- Catalogo_Entroido_GAL_web (2 MB)