Está previsto comezar no mes de febreiro en TOURO un curso de AGAX0208 ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA (RD 1375/2008 de 1 de agosto modificado por el RD 682/2011, de 13 de mayo).
A acción formativa ten unha duración total de 570 horas (330 horas de formación teórica, 40 horas de orientación laboral e 200 horas de formación práctica en entidades e empresa da provincia relacionadas co sector agrario). Os contidos son os seguintes:
UC0517_1 Realizar operacións auxiliares para a preparación do terreo, sembra e plantación de cultivos agrícolas.
UC0518_1 Realizar operacións auxiliares para o rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas.
UC0519_1 Realizar operacións auxiliares nos coidados culturais ede recolección de cultivos e no mantemento das instalacións en explotaciones agrícolas.
Achégase o programa da acción formativa.
Trátase dunha acción conveniada coa Consellería de Traballo e Benestar a través da cal as persoas que rematen axeitadamente a formación terán acceso ao certificado de profesionalidade correspondente ao NIVEL 1 de cualificación.
Ás persoas interesadas en participar esixiráselle o certificado de escolaridade ou equivalente e non se lles esixirán outros requisitos académicos nin profesionais.
O PRAZO DE INSCRICIÓN É DENDE HOXE MARTES 26 DE XANEIRO ATA
O LUNS 15 DE FEBREIRO
A documentación a remitir é a seguinte:
1. Ficha de Inscrición (MD-PRE-08) debidamente cumprimentada e asinada (achégase modelo)
2. Fotocopia de DNI ou do NIE no seu caso.
3. Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.
4. Certificado ou volante de empadroamento.
5. Informe de Vida Laboral actualizado (emitido no mes no que se realice a inscrición)
6. MD-PRE- 09 Ficha de Valoración RM
7. MD-PRE-10 Proceso de Selección
8. Copia compulsada da titulación mínima requerida que lle da acceso á formación.
A maiores da documentación mencionada as persoas que se atopen ou posúan algunha situación especial deberán acreditar tal situación mediante a presentación de documentación adicional tal e como se detalla no Manual de Xestión da Rede Técnica Municipal:
– Inmigrante non comunitario: Tarxeta de residencia vixente con autorización para traballar.
– Emigrante retornado/a: Baixa consular vixente (2 anos dende a súa emisión), expedida
pola Oficina Consular española na que estivese inscrito/a
– Minoría étnica: Informe de Servizos Sociais Municipais.
– Discapacitado/a: Certificado de Minusvalía debidamente actualizado, expedido polo órgano competente.
– Responsable de persoas dependentes: Informe de Servizos Sociais Municipais e Certificado de Convivencia
– Problemáticas socio-familiares: Informe de Servizos Sociais Municipais
– Persoa que volve ao mercado laboral: Informe de Vida Laboral e Informe dos Servizos Sociais Municipais
– Perceptor/a RISGA: Resolución de concesión da axuda.
– Primeiro Emprego: Informe de Vida Laboral.
MD-PRE-08 Ficha de Inscripción
Adxuntos
- MD-PRE-08 Ficha de Inscripción (158 kB)
- MD-PRE-09 Ficha Valoración RM (158 kB)
- MD-PRE-08 Ficha de Inscripción (158 kB)
- MD-PRE-08 Ficha de Inscripción (158 kB)
- MD-PRE-08 Ficha de Inscripción (158 kB)
- MD-PRE-09 Ficha Valoración RM (158 kB)
- MD-PRE-09 Ficha Valoración RM (158 kB)
- MD-PRE-09 Ficha Valoración RM (158 kB)