De entre as actividades que xiran en torno a Festa da Filloa de Lestedo, o sábado 13 de febreiro a partir das 16:30h. levarase a cabo a IV Carreira da Filloa, a cal se caracteriza polo seu percorrido, xa que a meirande parte deste transcorre polo Pico Sacro.
A subida estará dividida en dúas categorías, por un lado os escolares que percorrerán entre 200m e 1.600m en función da data de nacemento e a categoría absoluta na cal se percorrerán 9,5km aproximadamente.
As inscricións pódense realizar ata o xoves 11 de febreiro ás 24:00h. de forma online na páxina www.39segundos.com ou de forma presencial en Deportes Caneda (Santiago de Compostela).
O Concello de Boqueixón colabora activamente nesta actividade deportiva de fomento dun estilo de vida saudable.