Dentro da programación de actividades en colaboración coa APA “O Forte”, o Concello de Boqueixón, está a organizar clases de Xadrez para nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Este deporte está recomendado para a mellora das habilidades mentais dos nenos e nenas de 6 a 18 anos.
Desenvolverase durante os meses de xaneiro a maio, os martes ás 17:30h. para os nenos e nenas de primaria e os venres ás 14:00h. para os rapaces e rapazas de secundaria.
Máis información e inscricións:
Departamento de Educación e Cultura
Teléfono: 981513115
cultura@lab.mcapps.es
Data límite de de inscricións: 25 de xaneiro