Durante todo este mes de novembro véñense realizando unha serie de accións que reafirman a loita contra a violencia de xénero, un programa completo que implica a toda a poboación: público infantil, adolescente e adulto.
Fai tan so uns días púxose fin a un Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero en Adolescentes que durou 5 semanas e do que se beneficiaron 19 adolescentes de 4ª ESO do C.P.I Antonio Orza Couto. Así mesmo esta fin de semana 14 mulleres participaron no curso monográfico de defensa persoal feminina, onde acadaron ferramentas básicas para afrontar unha situación de agresión. O público infantil participou nunha sesión de conta contos pola igualdade e nun taller de pintura onde elaboraron mans violetas, símbolo da loita contra a violencia machista.
Diversas persoas estanse volcando coa campaña lanzada para conmemorar o día Internacional Contra a Violencia de Xénero, “As mans para loitar, non para ferir, a fala para acariñar, non para anular”, un lema que reflicte a necesidade de loitar para erradicar as dúas principais formas de maltrato: a violencia física e a violencia psicolóxica.
- Categoría (s): Boqueixon, SERVICIOS SOCIAIS
- Publicada o
Conclúe con éxito o curso monográfico de defensa persoal feminina
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir