No día de onte, celebrouse no Café Bar O Rincón de Pepe a entrega dos diplomas ós establecementos gañadores da IV edición da Ruta de Tapas e ó cliente gañador do sorteo premiado cun vale polo valor de 120€ para canxear por unha comida/cea nun dos establecementos.
O alcalde, Ovido Rodeiro Tato, xunto con Rafael Sánchez Bargiela, Xerente do Xacobeo, Nava Castro, Directora da Axencia de Turismo de Galicia e os concelleiros da corporación local, tiveron a honra de entregar estos merecidos recoñecementos que este ano recaeron en:
– “Mellor tapa de Boqueixón 2015” para “La mer” do establecemento “O Rincón de Pepe” (Lestedo).
– 2ª clasificada a tapa “Tres bocados” do establecemento “O Nervioso” (Camporrapado).
– 3ª clasificada a tapa “Pastel meloso de pataca con ventresca” do establecemento “O Vikingo” (Lestedo).
O gañador do sorteo do vale por 120€ para canxear por unha comida/cea recaeu en José Manuel Orosa Canabal.
O éxito e boa crítica desta edición motiva e promete máis e mellor para a esperada seguinte edición 2016, aínda que sempre se manterán como pilares fundamentais deste proxecto: a exaltación dos produtos da zona (queixo de Bo-Queixo con D.O. Arzúa-Ulloa e D.O. Queixo de Tetilla, carnes e toda a “horta de Boqueixón”, destacando os grelos de Boqueixón, patacas, pementos, etc) e o bo facer dos entregados cociñeiros dos nosos establecementos hostaleiros.