Ponte Ledesma é unha parroquia bañanda polo Ulla, o que lle outorga gran fertilidade as súas terras adicadas na maior parte á produción agrícola e vinícola, tanto é que a zona atópase baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.
Dado que se contabilizan na zona aproximadamente 700 persoas implicadas directa ou indirectamente co sector vinícola, a Asociación de Veciños de Ponte Ledesma, organizou coa colaboración da Deputación de Coruña, durante os meses de outubro e novembro un exitoso curso de “Elaboración de viño” ó que asistiron aproximadamente 50 persoas de todo Boqueixón, Silleda, Vedra ,Touro e Vila de Cruces.
O curso estivo impartido por un enxeñeiro enólogo e entre os temas impartidos cabe destacar: a lexislación vixente sobre viñedos, elaboración, cultivo, limpeza de depósitos e adegas, tratamento de envases de madeira , cultivo e elaboración ecolóxica, etc.
Como colofón ó curso e complemento perfecto á parte teórica, o sábado 14 de novembro todos os alumnos/as do curso, realizaron unha excursión a varias adegas de Vilanova de Arousa e Soutomaior.