Na Xunta de Goberno que tivo lugar o 1 de outubro do 2015 acordouse iniciar o expediente mediante poxa para o alleamento de 4 porcos abandonados.
Cada porco pesa aproximadamente 20 quilos.
Apróbase, así mesmo, o seguinte prego de condicións para o referido alleamento:
PREGO DE CONDICIÓNS PARA O ALLEAMENTO DE 4 PORCOS
1- OBXECTO:
Constitúe o obxecto do contrato a venda mediante poxa dos bens anteriormente citados.
2- PARTICIPANTES:
Poderán participar tódalas persoas que teñan capacidade para contratar e, en particular, para celebrar o contrato de compravenda segundo as normas contidas no código civil.
Todo ofertante deberá acreditar a súa personalidade mediante o seu DNI. Se interviñese en nome dunha terceira persoa deberá acreditarse a representación da mesma mediante poder suficiente e se fose outorgado con carácter xeral por unha persoa xurídica deberá estar inscrito no rexistro correspondente.
3-ADXUDICACIÓN:
Os bens serán adxudicados, ao/s licitador/es que oferten o maior prezo por unidade.
Serán de conta do adxudicatario todos os custos orixinados pola venda (custos de transporte e calquera outro que poida xurdir)
4- DOCUMENTACIÓN:
Os licitadores deberán presentar, en horario de 9 a 14, e de luns a venres, dous sobres pechados:
1º- Sobre A: DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA PERSONALIDADE DO OFERTANTE E GARANTÍA DEPOSITADA:
Documento nacional de identidade.
Poder, si se actúa en nome de outra persoa.
2º- O sobre B: conterá a OFERTA ECONÓMICA, que se axustará ao modelo do anexo.
5. PRAZO ENTREGA DOCUMENTACIÓN:
O prazo de entrega da documentación será de 6 días naturais, contados a partir do seguinte a data de publicación do anuncio na páxina web do concello, no taboleiro de edictos do concello e no perfil do contratante.
En caso de resultar sábado ou festivo o día que remata o prazo, quedará prorrogado ó día hábil seguinte.
6. ESTADO DOS BENS:
Os bens véndense no seu estado actual de conservación que se poderá comprobar mediante visita. A visita poderase realizar no lugar de A Gándara número 14, ubicado en Sergude, concello de Boqueixón, previa concertación de cita no teléfono 616 440 465.
O adxudicatario, polo feito de participar na poxa, acepta as condicións que se establecen neste prego. Os gastos derivados da venda serán por conta do adxudicatario.
7. RÉXIME XURÍDICO:
No non previsto nas presentes cláusulas, rexerán as normas da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora dos bens de réxime local e da lei de contratos do sector público.
ANEXO
MODELO OFERTA ECONÓMICA
Don/a ————————————————————- con DNI————————-con domicilio en —————————————— en nome propio (ou en representación de ——————————————————-) teléfono —————–E-mail————————————————————, enterado da poxa anunciada na páxina web do concello con data —————-; no taboleiro de edictos do concello con data……………….. ; no perfil do contratante o día ————–, así como do prego de condicións que coñezo e acepto integramente,
OFREZO o prezo de —————–€ pola adquisición de porco/s.
Boqueixón, ——— de ———————do 2015