A Xunta de Goberno de Boqueixón aprobou os novos convenios para o subministro de auga potable ás localidades de Lavacolla e Marrozos, que se nutren da rede de abastecemento boqueixanesa dende hai cinco anos, durante os que estiveron en vigor anteriores convenios.
Na exposición de motivos dos convenios, sinálase que o sistema de abastecemento de Boqueixón conta cunha capacidade de tratamento de 30 litros por segundo, que podería satisfacer a demanda de 11.700 habitantes, case tres veces a poboación deste concello, polo que a viabilidade técnica está fóra de toda dúbida.
Non convenios tamén se sinalan que tanto Marrozos como Lavacolla non dispoñen de abastecemento de auga municipal de Santiago e tamén que Boqueixón está interesado en compartir o servizo con estas parroquias, xa que o seu custo varía en función do número de usuarios.
Os convenios contan cada un cunha duración de cinco anos e o prezo da auga en alta será de 0,3288 € o metro cúbico para 2015, quedando o prezo das seguintes anualidades pendentes de posibles modificacións da ordenanza en Boqueixón. A forma de pagamento será a trimestre vencido.
Nas obrigacións que establecen os convenios sinálase que Boqueixón non poderá suspender o subministro salvo causas de forza maior como avarías ou escaseza de caudal e deberá subministrar un caudal máximo de sete litros por segundo tanto na rede de Marrozos como na de Lavacolla.
Ademais de a estas dúas localidade de Santiago, Boqueixón tamén subministra a este mesmo prezo auga potable para a totalidade do concello de Vedra e para a parroquia de Gres en Vila de Cruces.
Adxuntos
- nota de prensa convenios (28 kB)
- nota de prensa convenios (28 kB)
- nota de prensa convenios (28 kB)
- nota de prensa convenios (28 kB)