MANIFESTO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DOS ABUSOS A MENORES
En relación cos acontecementos que están saíndo nos medios de comunicación sobre a violencia contra a muller, sobre os abusos a menores, sobre a violencia nos chamados “invisibles” que de xeito directo tamén sofren o maltrato e abuso que se exerce sobre as súas nais, fillas, irmáns…
O concello de Boqueixón denuncia e condena calquera tipo de violencia que se exerce sobre a muller, sobre os menores: o maltrato físico que deixa marcas e doe, que humilla e somete, o abuso verbal e psicolóxico que destrúe , anula, aniquila e o maltrato sexual que cosifica e denigra.
Con este manifesto:
– Queremos proclamar que a sociedade non debe tolerar estas agresións, non debe xustificar ós agresores e igualmente proclamar que ningunha muller, ningunha neno ou nena merece ser maltratada nin humillada.
Nesta época convulsiva que nos toca vivir necesitamos seguir promovendo medidas que fomenten a Igualdade entre home e mulleres, a necesidade de convivir en todos os contornos sen violencia , establecendo mecanismos pacíficos para resolver os conflitos.
Esto conséguese desde a educación, desde os medios de comunicación e desde a familia.