Formulada e rendida a conta xeral do orzamento deste Concello, correspondente ao exercicio 2014, e informada pola Comisión Especial de Contas que tivo lugar o 28 de maio do 2015, sométese a exposición pública, cos documentos xustificativos, polo prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que, durante o devandito prazo e os oito días seguintes ao mesmo, poidan formularse as reclamacións, reparos ou observacións que se consideren pertinentes, os cales deberán dirixirse ao señor alcalde, e elo de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facenda Locais.