Modificación inicial da Ordenanza reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
ANUNCIO
Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
O Pleno do Concello de Boqueixón, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 13 de maio de 2015, adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica”.
Dito expediente permanecerá exposto ó público na Secretaría do Concello, durante o prazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os interesados poidan examinalo e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De non presentarse reclamacións durante dito prazo, o expediente entenderase definitivamente aprobado.
Boqueixón a 21 de maio de 2015.
O alcalde
Jesús Sanjuás Mera
___________________________________________________________________________________________________________________________
Aprobación inicial da modificación presupostaria número un, ano 2015, do Concello de Boqueixón
ANUNCIO
Modificación presupostaria número un, ano 2015, do Concello de Boqueixón
Na sesión plenaria ordinaria do concello de Boqueixón, que tivo lugar o 13 de maio do 2015, acordouse aprobar a modificación presupostaria número un, ano 2015.
Dito expediente estará exposto ó público, na Secretaría do Concello, polo prazo de 15 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Durante este período poderanse formular as reclamacións que se consideren oportunas, que deberán ir dirixidas ó alcalde desta corporación.
Este acordo considerarase definitivo no caso de non se presentar reclamacións.
Boqueixón, 21 de maio de 2015.
O alcalde
Jesús Sanjuás Mera
___________________________________________________________________________________________________________________________
Modificación da Ordenanza reguladora da piscina municipal
ANUNCIO
Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora da piscina municipal
O Pleno do Concello de Boqueixón, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 13 de maio de 2015, adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza reguladora da piscina municipal.