Destinatarios:
Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega.
Requisitos:
– Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014-2015, na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
– Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2013- 2014.
– Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/2014.
– Ter DNI (excepto menores de 14 anos), ou NIE en vigor, segundo corresponda.
Actividades de formación convocadas:
Estadías en centros residenciais de Galicia, durante o período desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2015 (2 semanas para ESO e 1 semana para Bacharelatos) que inclúen: aloxamento con pensión completa, profesorado nativo, 5 horas diarias de ensinanza de inglés, grupos reducidos, material didáctico, certificado de asistencia, actividades culturais, deportivas e de ocio complementarias.
Custo:
A achega das familias oscilará para ESO entre os 70 e os 275 € e para Bacharelato entre os 100 e os 350 €.
Prazo de solicitude:
Do 17 de marzo ata o 16 de abril (ambos incluídos)
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica: 981957296 – 881997497 (Xunta) 981 513115 (Concello)