Segundo a Orde do 30 de decembro de 2014, (publicada no DOGA núm. 21 do 2 de febreiro de 2015) establécense as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas/os menores de tres anos, para o ano 2015
BENEFICIARIOS:
Aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillas/os menores de tres anos á data 1 de xaneiro de 2015 (nados entre o 2/1/2012 e o 1/1/2015 incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2013, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF, correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
REQUISITOS:
– Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
– Que na data da solicitude as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo, menor de tres anos, sen que a/o mesma/o filla/o poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.
A contía será a seguinte:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo:360 euros
– Cando sexa a segunda filla ou fillo:1.200 euros
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
PRAZO PARA SOLICITAR: Ata o 14 de marzo de 2015
PARA MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES: poden chamar ó teléfono de Servizos Sociais 981 51 31 06