Co obxectivo de facilitarlle á rapazada a participación en actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre, o Concello de Boqueixón oferta as prazas para os Campamento de Verán 2025 en colaboración co Concello de Vedra.
Para a formalización da inscrición teranse en conta os seguintes criterios de admisión por orde de prioridades:
1º Participantes empadroados/as en Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade)
2º Pai, nai, titor, titora empadroados/as en Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade).
3º Participantes escolarizados/as nun centro educativo do concello.
4º Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.
Campamentos de Verán 2025:
- Minicampamento de aventura (Camping Cachadelos)
Datas: do 30 xuño ao 3 de xullo (4 días, 3 noites)
Destinatarios/as: nados/as: 2014, 2015 e 2016
Prezo: 130 €
Inscrición dende o 21 de abril (preme aquí).
- Campamento de mar
Datas: do 22 ao 29 de xuño (8 días, 7 noites)
Destinatarios/as: nados/as: 2009, 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014
Prezo: 220 €
Inscrición dende o 21 de abril (preme aquí).
- Campamento xuvenil-Viaxe do Verán (Lisboa, Huelva, Algarve)
Datas: do 16 ao 22 de xullo (7 días, 6 noites)
Destinatarios/as: nados/as: 2007, 2008 e 2009
Prezo: 380 €
Inscrición dende o 21 de abril (preme aquí).