O Concello de Boqueixón recuperou as dúas liñas móbiles hackeadas o pasado mércores, correspondentes ao alcalde e á directora do CRA Neira Vilas. Unhas liñas que xa foran recuperadas antes do mediodía de onte, se ben preferiuse non facelo público por prudencia e mentres se realizaban as primeiras investigacións por parte da Garda Civil.
De feito, membros da unidade de delictos telemáticos da Garda Civil visitaron esta mañá a casa consistorial de Boqueixón, onde o Concello ratificou a denuncia presentada no día de onte.
Desta forma, o Concello de Boqueixón dá por superada a problemática xurdida polo hackeo de dúas liñas municipais, reitera as súas disculpas á veciñanza pola situación e agarda que as investigacións da Garda Civil permitan dar coa/s persoa/s responsable/s.