O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición do ciclo «Educar en familia». Nesta ocasión trátase dunha charla sobre educación sexual, dirixida a pais e nais con fillos e fillas en Educación Infantil, Primaria ou Secundaria.
A charla terá lugar o xoves 3 de abril, ás 17:00 horas, na biblioteca municipal do Forte. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente enviando un mail a: educarenfamiliaconcellos@gmail.com. Nese correo electrónico é preciso indicar: nome, apelidos, curso e idade dos/as fillos/as.
«Educar en familia» é unha actividade organizada polo Servizo de prevención de condutas adictivas do Concello de Boqueixón, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública e Quérote+.