Se es autónomo/a ou tes unha empresa en Boqueixón e estás pensando en ampliala ou modernizala, é preciso que coñezas que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) publicará o vindeiro 29 de xaneiro unha nova convocatoria de axudas para ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolvan actividades non agrarias.
Prazo de presentación
O prazo para solicitalas será de 1 mes, dende a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.
Que podes subvencionar?
Ata o 45% da maquinaria e/ou equipamentos novos precisos para desenvolver a actividade da empresa.
Canto podes subvencionar?
Os gastos deben oscilar entre os 20.000 e os 250.000 euros (salvo no caso de empresas ou persoas autónomas do sector artesán, no que os límites son de 5.000 e 100.000 euros).
Por que é importante presentar axiña a solicitude?
O Concello de Boqueixón informa xa da convocatoria porque a concesión das axudas é en réxime de concorrencia competitiva, é dicir, que o empresario que sexa máis rápido en reunir a documentación e presentala será quen leve os cartos. Iso si: non se pode ter iniciado o investimento antes da data de solicitude da axuda.
Máis información o próximo 29 de xaneiro no DOG.