O Concello de Boqueixón informa de que o Diario Oficial de Galicia de hoxe xoves 9 de xaneiro publica as bases da convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética promovidas polas empresas galegas para o ano 2025. Unhas axudas máximas que oscilan entre os 300.000 e 1 millón de euros. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o vindeiro 20 de xaneiro e finalizará o 15 de setembro.
AXUDAS PARA AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS 2025
Resolución do 18 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).
PERSOAS BENEFICIARIAS:
- a) As empresas legalmente constituídas e autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
- b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalación consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación destas bases.
OBXECTO:
Concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras.
CONTÍA:
- A intensidade da axuda vai en función do regulamento de aplicación:
- a) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831 de minimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura). A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.
- b) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías), destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios. A contía da subvención será do 20 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.
- c) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías), destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios. A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.
- Establécese unha axuda máxima por expediente de 300.000,00 euros, no caso de acollerse ao Regulamento (UE) 2023/2831 de minimis, e de 1.000.000,00 de euros no caso de acollerse ao Regulamento (UE) 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías).
- A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 2.000.000,00 de euros.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes comezará o oitavo (8º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e finalizará o 15 de setembro de 2025, ás 23.59 horas.
ENLACE Á CONVOCATORIA:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250109/AnuncioG0474-021224-0001_gl.pdf