Forte s/n
15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)
Telfs: 981 513 061 – 981 513 052
Fax: 981 513 000
www.boqueixon.gal
CIF: P-1501200-H
correo@boqueixon.es
CONVENIO INTERADMINISTRATIVO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE BOQUEIXÓN, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O ANO 2024, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) DE GALICIA 2014-2020
Este convenio ten por obxecto establecer o marco de participación e de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local, Concello de Boqueixón, para o desenvolvemento das accións seguintes de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2024, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de todos os recursos que se inclúen neste convenio:
Actuación por anualidade | Número | Duración | Superficie | |
a) | Vehículo motobomba | 1 | 3 meses |
|
d) | Tratamentos preventivos de xeito mecanizado |
|
| 140 has |
Financiamento
- Os custos das accións a desenvolver neste convenio repartiranse entre a Consellería do Medio Rural e a entidade
- A Consellería do Medio Rural financiará, con cargo á aplicación orzamentaria 02.551B.760.0 dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, cofinanciada parcialmente polo Feader no marco de PDR de Galicia 2014- 2020, as actuacións coas contías seguintes:
ACTUACIÓNS EN MATERIA DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS | |
Tipo de actuación | Importe máximo da axuda ano 2024 |
A)Vehículo motobomba
| 15.000,00 € |
TOTAL ACTUACIÓNS EXTINCIÓN | 15.000,00 € |
Tipo de actuación | Importe máximo da axuda ano 2024 |
D) Tratamentos preventivos de xeito mecanizado |
44.800,00 € |
TOTAL ACTUACIÓNS PREVENCIÓN | 44.800,00 € |