O xurado do X Concurso de Fotografía «Imaxes de Boqueixón» elixiu a fotografía «Aurora boreal dende o Pico Sacro«, de César Carracedo, como gañadora do certame. Os outros dous premiados son Mónica Vila Ferreirós, pola súa imaxe «Pico Sacro«, e «Sombras de outono«, de Alicia Carrillo Martínez. Un certame ao que se presentaron un total de 69 fotografías.
Os premios serán entregados polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, durante un acto que terá lugar no salón de plenos municipal o próximo luns 16 de decembro, ás 13:00 horas.
Así mesmo, o xurado escolleu tamén as outras 9 fotografías que, xunto as tres gañadoras, formarán parte do calendario 2025 do Concello de Boqueixón, que nas próximas semanas chegará ás vivendas.
O xurado do certame estivo composto por Javier Carnota, director de medios comarcais gratuítos como STGO, AMSGO, PTV ou Crónicas; Adolfo Enríquez, fotógrafo; Carlos Suárez, xornalista de Nós Comunicación; e Rosario Iglesias, técnica municipal de Cultura, con voz e sen voto.
Podes consultar a fotografías escollidas premendo neste enlace.
Adxuntos
- Acta Xurado (80 kB)